CLUSTER DE SAÚDE DA CORUÑA

O cluster é un modelo de organización, inicialmente empresarial, baseado na idea de que aquelas organizacións interrelacionadas nunha área limitada xeograficamente exercen, grazas á súa proximidade e competitividade , de motor de crecemento económico para toda a área. Cando as empresas dun sector nun ámbito xeográfico determinado, que normalmente compiten entre si, ao mesmo tempo colaboran nalgunha actividade , o sector nese ámbito é globalmente máis competitivo.
Un cluster de saúde como instrumento con capacidade para xerar riqueza e romper co clásico concepto que equipara saúde a gasto.

A maior parte dos elementos que determinan a mellora da calidade e a esperanza de vida están fóra do hospital. Con esta estratexia preténdese ampliar espazos e incorporar disciplinas cuxo principal obxectivo non é a saúde, pero que inciden nela. O Complexo Hospitalario ten que abrirse a alianzas competitivas tanto entre a sanidade pública e privada, como entre os niveis asistenciais, implicando tamén a distintas actividades integradas na sanidade (docencia, investigación...) e permitir a incorporación doutros sectores, como a empresa.

Este proceso debe ser liderado por un grupo ou entidade con capacidade de convocatoria. Un hospital como é o Juan Canalejo, de prestixio e vincula do á Coruña, pode mobilizar tódolos elementos necesarios. Neste sentido , o papel do Complexo Hospitalario presentouse no marco dos retos do conxunto do cluster de saúde da Coruña que nestes momentos está dando os seus primeiros pasos.

Novas canles de acceso >>

SERGAS
Consellería de Sanidade - Xunta de Galicia
C.H.U. Juan Canalejo
Xacobeo Galicia 2004