ELEMENTOS PARA O DEBATE
O Plan Estratéxico 2004-2007 elaborouse tendo en conta uns elementos relacionados co contorno do Complexo, os pacientes, os profesionais, a xestión e a tecnoloxía que serviron como punto de partida para impulsar as accións encamiñadas a posicionar o Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo como un referente no sector.
CONVERSAS ESTRATÉXICAS
A participación dos profesionais na elaboración dun Plan Estratéxico é transcendental para que este constitúa unha ferramenta eficaz que renove e lle dea un impulso importante a unha institución. 
A realización do Plan Estratéxico do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo tivo como eixe dos principios básicos:
- Lograr unha alta participación dos profesionais co obxectivo de chegar a un Plan Estratéxico consensuado.
- Comunicación continua aos profesionais e principais axentes de interese .
O proceso de elaboración do Plan tivo como base conversas estratéxicas do máis alto nivel nas que participaron máis de 200 profesionais, incluíndo Atención Primaria e profesionais doutras institucións (Universidade da Coruña, Escola de Enfermería, etc.).
A nosa idea é que o produto final dun Plan Estratéxico non é tanto un conxunto de documentos, senón as conversas estratéxicas que se inician e impulsan a partir deste momento.
Cluster de saúde da Coruña >> |