VISIÓN, MISIÓN E OBXETIVOS ESTRATÉXICOS E VALORES.

A esencia do Plan Estratéxico do complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo resumese na súa visión, misión, obxectivos estratéxicos e valores, eixes sobre os que tódalas actuacións no periodo de vixencia do Plan.

A NOSA VISIÓN:

"Unha poboación cos mellores estándares de saúde e servizos sanitarios é un referente para os profesionais da saúde"

A NOSA MISIÓN:


O Complexo Hospitalario Universitario "Juan Canalejo" é un hospital público que, considerando ao paciente como centro da súa actividade, ten como obxectivo contribuir á mellora da saúde da poboación a través da prestación de servizos de Atención Especializada de máxima calidade obxectivable, en estreita colaboración con outros niveis asistenciais e un compromiso cos labores de docencia e investigación en colaboración coa universidade e outras institucións.

Ademais, valora especialmente o feito de poder contar con excelentes profesionais e as tecnoloxías sanitarias e de información e comunicación máis actuaís, así como a utilización eficiente dos seus recursos.

A NOSA ESTRATEXIA:

Contribuír á mellora da saúde da población á que atende a través de prestación de servizos de Atención Especializada da máxima calidáde, de forma integrada cos outros niveis asistenciais.

Extratexias:

Mellorar e garantir a accesibilidade da poboación aos servizos sanitarios.
Lograr unha prestación efectiva da asistencia apropiada, asegurando un nivel máximo de calidade.
Conseguir a máxima satisfacción dos usuarios e o cumprimento das súas expectativas.
Favorecer a atención organizada en torno ao paciente garantindo a continuidade asistencial de forma coordinada con Atenciónm Primaria.

Convertese nun referente xerador e transmisor de coñecemento en ciencias da saúde, con vocación de impacto a escala nacional e internacional.

Extratexias:

Xerar, captar e compartir o coñecemento, como activo fundamental dunha organización sanitaria, docente e investigadora.
Impulsar a participación dos profesionais na investigación e consolidar a mesma como un proceso esencial da organización.

Dispoñer dos mellores profesionais, cun elevado grao de cualificación técnica e competencia profesional, fomentando unha cultura de respecto cara ós nosos pacientes e o compromiso coa organización e a comunidade e dispoñendo das ferramentas necesarias para a súa práctica profesional.

Extratexias:

Realizar unha adecuada xestión do activo máis valioso da organización, os seus profesionais: adecuación, formación, implicación e motivación.

Garantir a eficiencia na utilización de recursos e a dispoñibilidade das tecnoloxías máis adecuadas, tanto sanitarias e de soporte como de información e comunicación.

Extratexias:

Optimizar o emprego dos recursos.
Dispoñer dun sistema de información integrado que facilite a toma de decisións e das tecnoloxías sanitarias máis adecuadas.

 

OS NOSOS VALORES :

CALIDADE
Traballamos para conseguir a excelencia en todo o que facemos

ORIENTACIÓN DA NOSA ACTIVIDAD AO PACIENTE
O paciente é o centro das nosas actividades e dámoslle valor ó seu tempo
COMPROMISO COA COMUNIDADE
Somos un axente activo na sociedade á que servimos

CONTINUIDADE
Aseguramos a continuidade asistencial mediante a integración con outros niveis de atención
COLABORACIÓN MULTIINSTITUCIONAL
Valoramos a colaboración con outras institucións para desenvlvemento

PARTICIPACIÓN DOS PROFESIONAIS
Os profesionais son importantes para a xestión e toma de decisións

XESTIÓN
Medimos a nosa actividade e resultados para xestionar a nosa organización e mellorarla
EFICIENCIA
Utilizamos os nosos recursos de forma adecuada

 

SERGAS
Consellería de Sanidade - Xunta de Galicia
C.H.U. Juan Canalejo
Xacobeo Galicia 2004