LIÑAS DE DESENVOLVEMENTO

O Plan Estratéxico 2004 - 2007 concrétase en dez liñas de desenvolvemento que levan asociadas as súas correspondentes accións a impulsar.

Cada liña de desenvolvemento ten asociada unha visión, é dicir, cómo se ve o Complexo Hospitalario no futuro na área concreta de cada liña.

LIÑA DE DESENVOLVEMENTO:
Desenvolvemento do Plan de Calidade e impulso á cultura de mellora continua entre os profesionais

LIÑA DE DESENVOLVEMENTO:
Fortalecemento da área de consultas externas e das elternativas á hospitalización tradicional

ACCIÓNS A IMPULSAR

Desenvolver o Plan de Calidade.
Impulsar a formación dos profesionais en calidade.
Crear grupos de mellora continua.

ACCIÓNS A IMPULSAR

Implantar consultas de alta resolución.
Potenciar os Hospitais de día.
Incrementar a actividade cirúrxica ambulatoria maior.
Replantexar a actividade do servizo de Hospitalización a Domicilio.

LIÑA DE DESENVOLVEMENTO:
Deseño e posta en marcha dunha estratexia integral de relacións co usuario, que teña en conta a xestión das canles de acceso, a información e comunicación cos pacientes e a satisfacción dos mesmos
LIÑA DE DESENVOLVEMENTO:
Impulso da docencia como un proceso esencial do Complexo Hospitalario, implicando activamente a un gran número de profesionais do mesmo nas actividades docentes
ACCIÓNS A IMPULSAR

Deseñar e implantar un Centro de Información ao usuario.
Definir a política de comunicación co usuario.
Implantar un proceso de enquisas de satisfacción de usuarios.
Redeseñar o proceso de reclamacións e suxestións.
ACCIÓNS A IMPULSAR

Planificar e xestionar as actividades docentes dos Centros de Competencia Clínica.
Incrementar o número de Teses de Doutoramento.
Elaborar un Plan de Formación Continuada.
Impartir docencia pregraduada de medicina.
Implantar un sistema de avaliación das actividades docentes.
LIÑA DE DESENVOLVEMENTO:
Definición e posta en marcha dun Plan de Investigación que contemple a interrelación conredes e outros centros de investigación, así como con tódolos axentes implicados no proceso investigador (Universidade, Hospitais, Industria, etc)
LIÑA DE DESENVOLVEMENTO:
Impulso a unha maior coordinación e colaboración entre Atención Primaria e Atención Especializada
ACCIÓNS A IMPULSAR

Elaborar e difundir o Plan de Investigación.
Crear un comité de avaliación e seguimento do Plan de Investigación.
Mellorar a xestión da actividade investigadora.
Potenciar a formación en investigación.
Impulsar a interconexión e interrelación con redes e outros centros de investigación.
ACCIÓNS A IMPULSAR

Creación de guías clínicas de actuación comuns e consensuadas.
Potenciar o traballo conxunto entre os profesionais de Atención Primaria e Atención Especializada.
Posicionar ao Complexo Hospitlario como centro piloto para a implantación da historia clínica electrónica integral.
Desenvolver un sistema de telemedicina que comunique o Complexo Hospitalario cos seus centros de referencia.
LIÑA DE DESENVOLVEMENTO:
Implantación dun modelo de xestión do coñecemento e creación de centros de competencia clínica
LIÑA DE DESENVOLVEMENTO:
Incorporación de novas prestación e tecnoloxías sanitarias punteiras á certeira de servizos, de acordo coa característica de hospital terciario que ten o Complexo Hospitalario
ACCIÓNS A IMPULSAR

Definir os obxetivos e áreas estratéxicas da xestión do coñecemento.
Indentificar aos axentes susceptibles de participar nas redes de coñecemento e nos centros de competencia clínica.
Definir o modelo de funcionamento da xestión do coñecemento.
Implantar unha ferramenta de soporte á xestión do coñecemento.
Definir un sistema de medición e avaliación do modelo.
Facilitar o cambio cultural do Complexo cara á xestión do coñecemento.
ACCIÓNS A IMPULSAR

Impulsar un "programa de irmanamento" con varios hospitais internacionais de refencia.
Crear un centro de competencia clínica en novas tecnoloxías e técnicas médicas.
LIÑA DE DESENVOLVEMENTO:
Impulso á configuración organizativa do Complexo Hospitalario en áreas de xestión clínica
LIÑA DE DESENVOLVEMENTO:
Desempeño e implantación dun sistema de medición do desempeño, mediante a elaboración dun cadro de mando integral
ACCIÓNS A IMPULSAR

Definir o modelo de transformación organizativa.
Elaborar un plan de comunicación interna sobre o proceso de transformación.
Elaborar un manual ou guía para a transformación dos servizos en áreas de xestión clínica.
Posta en marcha de novas áreas de xestión clínica ao ser satisfactoria en avaliación do Área do Corazón, Neno e Saúde Mental..
Adaptar o sistema de información á nova realidade organizativa.
ACCIÓNS A IMPULSAR

Definir os requerimentos e seleccionar o tipo de cadro de mando.
Realizar o deseño conceptual do cadro de mando.
Seleccionar a ferramenta tecnolóxica que de soporte ao mesmo.
Integrar e homoxeneizar a información dispoñible.
Implantar o cadro de mandos.
SERGAS
Consellería de Sanidade - Xunta de Galicia
C.H.U. Juan Canalejo
Xacobeo Galicia 2004