PRESENTACIÓN
¿Como deben actuar os profesionais do Complexo Hospitalario para afrontar con éxito os novos retos que se presentan no sector sanitario?
Esta foi a cuestión de partida á que se tratoude dar resposta por medio do Plan Estratéxico do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo cuxo resumo se presenta a continuación. Na súa elaboración foron avaliados temas tales como: o novo papel do paciente como centro en torno ao que xira o proceso clínico; o papel dos profesionais como principais activos do sistema; ou o impacto das novas tecnoloxías (médicas, de sistemas de información e de comunicación), así como as novas posibilidades que ofrecen para mellorar o servizo que se presta.
Pero todo isto se contemplou sempre dende a perspectiva de cómo inflúe esta realidade no caso concreto do Complexo Hospitalario, inmerso actualmente nun ambicioso proceso de transformación.
Desta maneira foi posible establecer uns principios estratéxicos que servisen de guía para orientar as actuacións en calquera das áreas nas que o Complexo Hospitalario ofrece os seus servizos, especialmente no que se refire á prestación dunha asistencia sanitaria cos máximos niveis de calidade, a dedicación á actividade docente domáis alto nivel eo desenvolvemento da investigación para afrontar con garantía o reto de mellorar a saúde da pobo ación.
Cómpre salientar, finalmente, que este Plan Estratéxico éo resultado do excelente traballo realizado polos máis de 200 profesionais do propio Complexo Hospitalario e de fora da propia organización, dando lugar á identificación de 72 accións a impulsar e que se agruparon en dez liñas de desenvolvemento .
|