
Queremos facer unha pequena pero sentida homenaxe a todas aquelas persoas que cada día salvan vidas, que dan vida a través da morte. A todas aquelas persoas que nun intre tan dramático como a morte dun ser querido, son capaces de ser solidarios máis alá da dor. A aqueles que xa en vida expresan a súa vontade de regalar vida a outros seres humanos máis alá da súa morte. En definitiva, a todos aqueles que fan unha aposta decidida pola vida, a nosa homenaxe e o noso recoñecemento no nome do R.C.Deportivo de A Coruña e do C.H.U. Juan Canalejo.